Grand Fleet

Acoirazados da Grand Fleet

A Grand Fleet (en galego: gran frota) foi a principal frota da Royal Navy británica durante a primeira guerra mundial. Foi creada en agosto de 1914 a partir da Primeira Frota e elementos da Segunda Frota da Home Fleet e estaba formada por entre 35 e 40 buques capitais. Estivo comandada inicialmente polo almirante Sir John Jellicoe que sería substituído polo almirante Sir David Beatty en 1916.

A Grand Fleet estivo nun principio baseada en Scapa Flow, nas illas Orkney, e posteriormente en Rosyth, no fiorde de Forth, e só tomaría parte nunha ación da frota durante a guerra, a indecisa batalla de Xutlandia.

En abril do ano 1919 a Grand Fleet sería disolta, e a meirande parte das súas forzas pasarían a formar a nova Atlantic Fleet.


Developed by StudentB